Dúas empresas optan a realizar as obras de rehabilitación do pazo Goiáns


Despois do atraso polos informes requiridos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, o Concello de Boiro convocaba fai un mes o concurso para levar a cabo a rehabilitación do pazo de Goiáns. As actuacións para a súa rehabilitación optan finalmente dúas empresas e a adxudicación para esta obra podería coñecerse a finais de abril. Así o indicou o rexedor boirense, Juan José Dieste que indicou que antes deberá resolverse unha pequena incidencia que ten que ver cun problema coa plataforma de contratación.