A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou esta mañá as instalacións da cooperativa boirense Ría de Arousa que traballa con marisco galego procedente da pesca artesanal


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou esta mañá as instalacións da cooperativa Ría de Arousa que traballa con marisco galego procedente da pesca artesanal- para coñecer os seus proxecto. Na súa visita, destacou a importancia de impulsar a economía social en Galicia, xa que promove a consolidación de empresas enfocadas ás persoas e cunha maior cohesión territorial e social. Neste sentido, puxo en valor o traballo realizado por Ría de Arousa que centraliza toda a súa actividade na nave de Abanqueiro -tanto a depuradora, como a cetaria e o criadeiro de ameixa- apostando unicamente polo marisco galego procedente da pesca artesanal.