A Xunta inicia as obras de iluminación da Ponte de Noia


O Alcalde de Noia, Santiago Freire, explicou os traballos que se están a levar a cabo no marco do proxecto de iluminación da Ponte de Noia , onde a Consellería de infraestructuras invirte arredor de 300,000 euros para complementar a iluminación do novo viaducto executado pola Xunta na ría de Noia, dotando de iluminación ornamental ao taboleiro, e mellorando a iluminación actual do contorno da ponte.