Principian varias obras de pavimentación en Ribeira


Esta mañá iniciáronse as obra de pavimentación que une os lugares de Castro e Vilar, ambos situados na parroquia de Carreira.
A actuación consiste na pavimentación con aglomerado asfáltico dun vial de terra de 445 metros de lonxitude, previo desbroce e limpeza e previa aplicación dunha capa de zahorra. As obras están sendo realizadas pola empresa Canarga, S.L.. O seu orzamento ascende a 25.329 euros e o seu prazo de execución é dun mes.

more recommended stories