O Conselleiro do Medio Rural explica aos alcaldes da Coruña o convenio de protección das aldeas fronte os incendios


O conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo con alcaldes da provincia da Coruña para explicarlles os detalles da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en materia de protección das aldeas fronte os incendios forestais. O encontro xirou arredor da addenda ao convenio entre Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Fegamp para a posta en marcha dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, é dicir, aquelas situadas preto dos núcleos de poboación.