A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para a selección de centros para sumarse ao proxecto de libro dixital


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para a selección de centros para sumarse ao proxecto de libro dixital (E-Dixgal) no curso 2019/20.

Os centros de primaria que se incorporen comprométense a impartir a totalidade das materias en modalidade dixital; mentres que os de secundaria farano en polo menos 6 materias. Ademais, deberán asumir o compromiso de implantar esta modalidade no curso 2019/20 en 5º de educación primaria ou 1º da ESO e de estendela a 6º de primaria ou 2º da ESO no 2020/21, mantendo nos cursos seguintes o proxecto educativo dixital neste niveis.