O Noia Portus Apostoli conseguiu saír dos postos de descenso tras sumar un punto no campo do Burela


Empate este fin de semana do Noia Portus Apostoli 3 a 3 contra o Burela, que lle serviu para abandonar os postos de descenso. Tras tres vitorias consecutivas o conxunto noiés volveu a sumar un punto no pavillón de Vista Alegre, clave na súa loita pola permanencia. Desta maneira o Noia seguirá soñando con manter a categoría. Neste momento conta con 29 puntos aínda que a tan só un do descenso, polo que terán que facer bo este punto a próxima xornada nun partido que se enfrontará ao Manzanares na casa, no pavillón Agustín Mourís.