A Consellería do Mar dará comezo en maio o plan de limpeza de dársenas en preto dunha vintena de peiraos autonómicos


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, levará a cabo nos próximos unha nova fase do plan de limpeza de dársenas. O ente público executará estas actuacións por sexto ano coa finalidade de impulsar peiraos sustentables a través da retirada de residuos dos fondos mariños.

Portos de Galicia leva a cabo este tipo de actuacións con carácter regular para mellorar á seguridade nas augas interiores e impulsar a protección da fauna mariña, que pode ser afectada seriamente pola acumulación de residuos nos fondos mariños. Deste modo refórzase a sustentabilidade ambiental dos peiraos de titularidade autonómica, unha das liñas de traballo estratéxicas do ente público. De feito, nas cinco fases anteriores recolléronse un total de 230.000 quilos de lixo dos fondos mariños de toda Galicia.

more recommended stories