Numerosos veciños e veciñas da comarca celebraron onte o domingo de Ramos


Persoas de toda a comarca celebraron onte o domingo de Ramos, onde as marchas relixiosas puidéronse contemplar nos municipios do Barbanza. En Ribeira, a celebración contou coa asistencia de numerosos veciños e veciñas, que percorreron a pé as rúas da cidade. Nela participaron igualmente varios nenos e nenas ataviados con traxes da época. O vindeiro xoves, no municipio ribeirense, terá lugar a procesión de Xesús na horta das oliveiras, a partir das 21.00 horas.