Corrubedo XI Séculos referencia case 300 nomes de lugares, baixos, pedras e outros fitos nun gran mapa ubicado na casa do mar


Na tarde do sábado, a Casa do Mar de Corrubedo foi escenario do acto de entrega por parte da Asociación Corrubedo XI Séculos ao Club de Pensionistas e Xubilados desta parroquia dun mapa en gran formato no que se referencian preto de 300 nomes de lugares, pedras, puntos de interese arqueolóxico e paisaxístico, baixos, touzas e marcas de pesca de Corrubedo, o máis detallado feito nunca sobre este cabo barbanzán.