O ante proxecto gañador para o novo auditorio de Ribeira coñecerase en menos de 20 días


O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, anunciou que o novo auditorio de Ribeira que estará situado nunha finca veciña a praza do Centenario contará con axudas de financiamento polas consellerías de cultura e medio ambiente. Esta última aportará arredor de cincocentos mil euros mentres que 300 mil serán destinados por parte de cultura para o equipamento deste futuro inmoble. En menos de 20 días poderase coñecer ao anteproxecto gañador, xa que neste momento hai 3 finalistas. A finais do verán, en agosto a obra podería saír a licitación e Ruíz calcula que a finais de ano, en decembro, podería empezar a súa construción.