Luís Oujo salientou a importancia das reunións parroquiais para trasladas as demandas reais dos veciños


O rexedor de Porto do Son acudiu a semana pasada a Xuño para analizar dúas obras que suporán melloras de accesibilidade e seguridade para a parroquia. Alí, Luís Oujo, falou sobre os traballos que se executaron ao longo destes 4 anos de mandato. Referiuse a el como un programa realista, que cumpriu coas demandas dos veciños. Por outra banda indicou que este realizouse case ao 100 por 100 nestes 4 anos.