O presidente provincial do PP subliña que “dividir o voto do centro dereita é o mellor regalo que se lle pode facer a Sánchez”


O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, pediu ou voto para Pablo Casado nas eleccións xerais convencido de que o candidato da súa formación é o “único valor seguro” para que Pedro Sánchez non siga na Moncloa “nin un día máis”.
Nun mitin realizado en Lousame, e acompañado polo candidato ao Congreso dos deputados pola provincia da Coruña, Xulio Bustelo, pola ribeirense, Fabiola García, e pola candidata á alcaldía de Lousame nas municipais de maio, Teresa Villaverde, Calvo apelou á unidade do voto de centro-dereita para evitar que o futuro de España siga en mans de Pedro Sánchez, de Bildu e dos seus socios independentistas.

more recommended stories