Medio cento de veciños e veciñas de Lousame participan nas xornadas formativas para conmemorar o Día Mundial da Saúde


Máis de medio cento de veciños e veciñas de Lousame asistiron na noite de onte venres ás dúas xornadas formativas organizadas polo Concello de Lousame, en colaboración co Club Lousame Deporte, para conmemorar o Día Mundial da Saúde. Dúas charlas impartidas na casa da cultura lousamiá pola doutora Otilia Quireza e polo educador social Leandro Fernández, que foron presentados polo presidente do Club Lousame Deporte, Néstor Romero.