Centos de veciños acudiron este sábado ao Pavillón de Barraña para a Gala do deporte de Boiro


A Gala do deporte de Boiro conseguiu encher este pasado sábado o pavillón de Barraña, que contou cunha notable afluencia de principio a fin. Os numerosos premios foron entregados polos seus padriños, a xogadora de rugby Vanessa Rial como madriña, e ao piragüista boirense, campión do mundo, Cristian Silva como padriño. Unha das novidades desta gala foi a presencia de Xosé Touriñán como presentador, que comezaría o acto dándolle a palabra ao alcalde de Boiro, Juan José Dieste. O rexedor boirense fixo fincapé na importancia do deporte para as idades máis novas e salientou que se trata dun motor económico tanto a nivel global coma local, sinalando que os postos de traballo relacionados co deporte seguen medrando no municipio. Igualmente destacou, que os deportistas da localidade cos seus éxitos e compromisos son os verdadeiros deportistas locais, que non deben esquecer as claves para chegar o éxito