Ao Boiro esgótanselle as opcións para continuar a vindeira tempada na terceira división


Nova derrota do Boiro na terceira división. Os do Barbanza no puideron aproveitar a ocasión de xogar na casa contra o Arousa, sexto clasificado, para facerse coa vitoria. No minuto 40 adiantábanse os visitantes cun gol de Sylla e no 70 puxeron o 0 3 que sentenciaba practicamente o encontro, marcado polas expulsións dos boirenses, Xaco por dobre amarela e Paco co cartón vermello. Desta maneira o Boiro continua na décimo novena posición, a 7 puntos do Paiosaco que ocupa o último posto da permanencia. Faltan seis xornadas para o remate da competición e o Boiro terá que loitar con todo para seguir soñando xornada tras xornada