O Noia tivo que conformarse cun empate na súa visita a Viveiro mentres que o Puebla fíxose cos tres puntos tras vencer a domicilio ao Estudiantil


O Noia continúa mantendo a liga aberta tras empatar a domicilio contra o Viveiro, terceiro na clasificación e a tan só 2 puntos. O encontro rematou 2 a 2 e estivo marcado pola expulsión do defensa Dani Conde. Por outra banda, o Puebla, coa tempada practicamente rematada gracias a lograr os obxectivos, conseguiu gañarlle ao último clasificado, o Estudiantil, por 1 a 3. Desta maneira o conxunto pobrense sitúase undécimo.