A sorte volveu a estar presente en Noia no despacho de apostas de Maria José Petisco


Unha cominación de seis números da bonoloto resultou agraciada con 824 mil 460 euros no despacho de apostas de María José Petisco, en Noia. Ao parecer, esta combinación gañadora do primeiro premio, foi realizada a máquina. María José Petisco xa repartiu sorte en ocasións anteriores, como o Euromillón do ano 2014, onde alguén obtivo a cantidade de 65 millóns de euros.