A tenda de telefonía móbil de Ribeira, HolaMobil, volveu a sufrir un novo roubo en menos de 15 días


HolaMóbil, tenda de teléfonos situada na rúa de Galicia en Ribeira volveu a ser obxecto dun novo roubo en 12 días. Parece ser que o responsable dos feitos levou a cabo o mesmo método que se empregou na ocasión anterior, a de lanzar un obxecto contundente contra o escaparate . Os danos nesta ocasión superan aos ocasionados na primeira vez.