Varios partidos da comarca saíron a rúa para comezar coa pegada dos carteis


O comezo da campaña para as vindeiras eleccións xenerais fixo que os grupos políticos saísen a rúa onte as 12 da noite para comezar coa pegada dos carteis. Na localidade ribeirense, o Partido Socialista, o PP ou o Bloque Nacionalista foron algúns destes grupos que levaron a cabo esta tradicional acto.
A ribeirense, María José Sampedro Fernández ocupa o 6º posto da candidatura do Partido Popular ao congreso pola provincia da Coruña, na que tamén se atopa Julio Bustelo, no posto número 5. María Sampedro destacou que se presentan a estas vindeiras eleccións ilusionados con ganas de traballar e querendo romper as estatísticas do CIS. Ademais, sinalou que é necesario unha España unida e asegurou que Pablo Casado é un valor seguro para o país.