Sesenta nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro plantaron un cento de castiñeiros e carballos no monte de San Lourenzo


Sesenta nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro, de idades comprendidas entre os 8 e os 10 anos, participaron esta mañá no proxecto de repoboación forestal e posta en valor do monte de San Lourenzo, posto en marcha polo Concello de Lousame e no que se están a investir 33.500 euros, grazas a unha achega da Consellería do Medio Rural. Unha actividade na que a rapazada estivo acompañada polo profesorado do centro, así como pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; técnicos de Protección Civil de Lousame e operarios encargados da repoboación deste monte.