A parroquia sonense de Xuño contará con importantes acometidas


O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, informou esta mañá de que a parroquia de Xuño contará cunha rotonda nun cruce na AC 550 que da entrada a varios lugares de afluencia, como son o colexio, a casa da cultura, a praia das furnas, ou o centro de saúde. Ademais, na mesma parroquia pretende crearse un novo víal que permita mellorar o tránsito de vehículo, especialmente dos autobuses escolares.

Estes traballos sumaríanse aos efectuados en datas anteriores como os de saneamento, ou co funcionamento da depuradora nas parroquias tanto de Caamaño como de Xuño.