O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a educación da mocidade galega representa os mellores valores para afrontar os retos do mundo actual


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a educación da mocidade galega representa os mellores valores para afrontar os retos do mundo actual, referíndose así ao esforzo, á constancia, á dedicación e ao civismo que a caracterizan.
Ao longo da celebración, o titular da Xunta tivo tamén palabras de recoñecemento para todos os profesionais que forman parte do sistema educativo galego e que traballan, día a día, pola equidade e a igualdade de oportunidades, pola convivencia, pola innovación e o uso das tecnoloxías e polo plurilingüismo; «todo isto –precisou- sen esquecer a comprensión lectora, as habilidades sociais, comunicativas e culturais, a ética ou o civismo».

more recommended stories