Galicia solicita ao goberno central o incremento dos estudos de dinámica de poboacións das especies pesqueiras de interese para a frota


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, solicitou hoxe ao Goberno central a intensificación das campañas de dinámicas de poboación das especies pesqueiras de maior interese para a frota galega. Así o defendeu en Madrid durante a reunión do Consello Reitor do Instituto Español de Oceanografía (IEO) na que puxo de relevo que a intensificación dos estudos contribuiría a unha mellor xestión das especies de interese en aspectos como a separación de stocks e tamén axudaría a constatar e verificar con estudos científicos o feito que está a trasladar o sector sobre unha suposta maior presenza de especies no caladoiro Cantábrico Noroeste.

more recommended stories