O Atlético Riveira quere levarse os 3 puntos da Fieiteira este fin de semana para achegarse máis ao título de Liga


O Riveira buscará este domingo unha vitoria crucial para achegarse aínda máis ao título de liga. A falta de 3 xornadas para o final do campionato recibirá ao Valiño, cuarto clasificado. Nestes momentos o conxunto ribeirense sitúase primeiro, por riba do Cacheiras que conta con catro puntos menos. Si os de Santa Uxía queren depender deles mesmos, deberán ao menos gañar dous partidos restantes