A obra da nova estación de autobuses de Ribeira sairá a licitación este mesmo verán


O rexedor ribeirense, Manuel Ruíz, falou hoxe sobre a nova estación de autobuses coa que poderán contar os veciños e veciñas do municipio. Por unha banda indicou que a obra licitarase este mesmo verán, aínda que previamente levaranse a cabo obras para poder licitar a adecuación dunha nave onde irán instaladas a zona de venta de billetes, unha pequena cafetería ou unha marquesina.

Por outra banda indicou que poderá haber un traslado provisional en próximas datas e salientou que a estación que esta funcionando no presente pasará a contar cunha zona verde como estaba previsto. Tamén quixo facer fincapé no feito de que o percorridos dos autobuses será o mesmo que ata agora