A Pobra do Caramiñal vai contar con importantes investimentos


Xosé Lois Piñeiro informou esta mañá sobre varias obras que se están ou se van a executar na Pobra do Caramiñal nas vindeiras datas. Por unha banda, o alcalde sinalou que practicamente todas as luminarias do municipio serán substituídas por outras de baixo consumo, para mellorar o servizo e o que suporá o aforro enerxético. Esta atopase na actualidade en fase de licitación. Lois Piñeiro destacou tamén outras obras que se están a executar, e fixo fincapé as que teñen lugar en centros sociais do municipio. Indicou igualmente que o venres daranse a coñecer as propostas para o orzamento da casa da mocidade. A pavimentación tamén se esta a levar a cabo en varias zonas da localidade