O NOIA presentou onte no Coliseo Noela a súa candidata a alcaldía, Marisol Villar


O Coliseo Noela contou onte coa presentación da candidata a alcaldía do partido dos Noieses Independentes agrupados, Marisol Villar. No acto tamén se fixo visible aos integrantes que conforman as listas para as vindeiras eleccións. A súa número catro, Mónica González, comezou intervindo salientando a importancia de cambiar o bastón de mando para un partido de pobo como o Noia e indicou que as siglas políticas non importan para gobernar.