Comeza o xuízo contra o Chicle polo intento de rapto e agresión sexual a unha moza en Boiro


José Enrique Abuín Gey ‘O Chicle’ sentarase a partir de mañá no banco dos acusados polo intento de rapto e agresión sexual a unha moza en Boiro, en decembro do 2017. Desta maneira, deberá comparecer ante o tribunal da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. Este tribunal deberá decidir o grao de implicación do Chicle nos feitos ocorridos, para que o Fiscal pide 15 anos e 10 meses de prisión.