O Parlamento galego aproba a Lei de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación Urbana de Galicia


O Parlamento galego aprobou esta mañá a Lei de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación Urbana de Galicia, a primeira normativa deste tipo coa que contará a Comunidade Autónoma e que aspira a situala á vangarda do país nesta materia,
Durante o debate final da lei no pleno, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, aproveitou a súa quenda de palabra antes de someter o texto a votación para poñer en valor e agradecer o traballo desenvolvido por todos os grupos no transcurso da tramitación parlamentaria da norma.
Así, salientou que durante este proceso recibíronse un total de 318 emendas das catro formacións con representación na Cámara, das cales se aceptaron e pactaron máis de 75. E lembrou que mesmo antes de que a Lei de Rehabilitación entrase no Parlamento, o texto xa fora enriquecido coas 133 achegas recibidas durante o procedemento de consulta previa e audiencia, das cales se admitiron a trámite un total de 56; de xeito que durante as diferentes fases da súa tramitación a norma incorporou máis de 130 achegas, é dicir, case o 30% de todas as recibidas.

more recommended stories