O sector industrial está a apostar por Galicia, con máis de 2000 millóns de euros en investimentos


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou no Parlamento que o sector industrial está a apostar por Galicia, con máis de 2000 millóns de euros en investimentos que se están executando en sectores estratéxicos como a automoción, o naval ou outros emerxentes como o aeronáutico ou as enerxías renovables. Conde apuntou que Galicia ten aprendido a competir en escenarios máis exixentes que no pasado, subliñando a aposta do tecido empresarial pola transformación dixital e a Industria 4.0, con iniciativas como os proxectos 4.0 impulsados polos clústeres, e as business factories Auto, Aero e Food.

more recommended stories