Feijóo di que os grandes cambios que experimentou Galicia nas últimas décadas non se explican sen o binomio emigración-democracia


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que os grandes cambios que experimentou Galicia nas últimas décadas non se explican sen o binomio que forman a emigración e a democracia.

Durante o acto de imposición das Medallas do Parlamento de Galicia 2019, Feijóo lembrou que aínda que formalmente as orixes desta institución se remontan á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia, o desexo de agrupar as vontades dos galegos nunha cámara representativa, vén de lonxe.

more recommended stories