Nova concentración este fin de semana por parte dos xubilados da Pobra do Caramiñal


Xubilados da Pobra volveron a concentrase este sábado no municipio para protestar contra a subida nas pensións Os manifestantes recorreron a pé varias rúas da localidade para pedir unha vez máis segundo apuntan “unhas pensións dignas libres de recortes”. A afluencia neste caso foi destacada pola cantidade de xente que participou na concentración.