Alfonso Rueda visita as obras realizadas no CEIP Ana María Dieguez


O CEIP Ana María Diéguez de Rianxo ve mellorada a impermeabilidade do pavillón deportivo grazas a unha actuación realizada polo concello de Rianxo cunha achega de Vicepresidencia da Xunta. A actuación que consistiu na colocación dunha celosía ao pavillón do centro educativo para evitar a entrada de auga e a dotación dunha marquesiña para resgardo do alumnado ascendeu a 35,000 euros, dos cales 21,000 foron concedidos por Vicepresidencia e a cantidade restante polo concello.