Nuñez Feijoo estivo presente tamén no municipio de Rianxo


Alberto Nuñez Feijoo tamén visitou no día de onte outro dos municipios da comarca, neste caso Rianxo. Alí, quixo apoiar ao novo candidato do Partido Popular nesta localidade, Germán Allut.
Ao igual que no acto de Boiro, o presidente provincial do PP, quixo felicitar a Germán Allut por comezar a traballar xa no proxecto para converterse en alcalde do municipio.