A Policía Local de Rianxo participa nunha campaña especial de control de velocidade


A campaña especial sobre vixilancia e control da velocidade posta en marcha a nivel estatal pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) chega a Rianxo, onde a Policía Local está a realizar ao longo desta semana medicións en distintas vías urbanas e convencionais de todo o termo municipal de maior risco por excesos de velocidade, co obxectivo de seguir avanzando na prevención de accidentes e na redución da súa gravidade A campaña desenvólvese ata o 7 de abril e unha vez finalizada, os resultados deberán ser remitidos á DXT para as súas bases estatísticas.