O Servizo de cirurxía xeral estende ao hospital da Barbanza as intervencións laparoscópicas para o cancro colorrectal


A Unidade de Coloproctoloxía do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva da Xerencia de Santiago – cuxos responsables son o doutor Jesús Pedro Paredes e Manuel Bustamante, respectivamente- estendeu as intervencións laparoscópicas para o cancro colorrectal ao Hospital da Barbanza, garantindo así as mesmas posibilidades de tratamento con respecto aos pacientes do Hospital Clínico, sen necesidade de desprazarse a Santiago.

A cirurxía laparoscópica é unha técnica que se practica mediante pequenas incisións, coa asistencia dunha cámara que permite a visualización do campo operatorio sendo hoxe en día a técnica de elección para o tratamento da maioría dos pacientes con tumores de orixe colorrectal.