A policía local de Rianxo interceptou a 5 condutores que superaban a taxa de alcohol máxima permitida


Durante este último fin de semana en diferentes quendas de servizo, a policía local de Rianxo interceptou a un total de 5 condutores que superaban a taxa de alcohol máxima permitida, dos cales 4 foron denunciados administrativamente con taxas de alcohol en aire expirado de entre 0,38 e 0,54 mg/l, que supoñen sancións de 500 a 1000 euros e a perda de 4 a 6 puntos do permiso de conducir.