Falece un home tras precipitarse por un desnivel mentres practicaba rapel en Muros


Un home faleceu o domingo en Muros despois de caer desde unha altura moi elevada, mentres practicaba “rapel” no Faro de Montelouro. Así o comunicaba o alertante que chamou ao 112 Galicia, sobre as 18:00 horas desta tarde, para pedir axuda.