A policía local de Rianxo procedeu o pasado sábado á instrución de dilixencias xudiciais por dous delitos contra a seguridade do tráfico


A policía local de Rianxo procedeu o pasado sábado á instrución de dilixencias xudiciais por dous delitos contra a seguridade do tráfico, sendo investigados dous condutores que carecen de permiso por perda de vixencia por perda total de puntos. O primeiro que resultou ser un veciño de Rianxo, S.A.A, de 20 anos de idade, foi detectado nunha patrulla preventiva de seguridade cidadá, circulando por unha rúa do casco urbano de Rianxo, comprobándose que o vehículo que conducía tiña caducada a ITV.
Procedeuse tamén a tramitar as denuncias administrativas oportunas polas restantes infraccións detectadas