A reducción de mestres no colexio Fernández Varela da Pobra a debate no Pleno


A corporación da Pobra amosou o seu apoio unánime aos pais e nais do alumnado do colexio Fernández Varela que loitan por evitar a supresión de mestres no centro. Os proxenitores denuncian que se están a reducir as prazas de especialistas en educación infantil cada ano, e o catálogo do próximo curso recolle a reducción dunha praza máis, pola reducion de matriculas.