A Policía Local de Rianxo interceptou o pasado luns a un vehículo que circulaba sen seguro obrigatorio


A Policía Local de Rianxo interceptou o pasado luns a un vehículo que circulaba sen seguro obrigatorio. O condutor do mesmo presentaba un permiso de conducir sen ter procedido ó seu troco preceptivo establecido pola normativa vixente.
Por ditos feitos procedeuse á inmobilización do vehículo e tramitáronse as denuncias administrativas correspondentes. Ademais comprobouse que esta persoa atópase en situación irregular, polo que tamén foi citado para comparecer ante a a Brigada de Estranxeiría e Fronteiras da Policía Nacional, para a tramitación do expediente oportuno, por unha presunta infracción a Lei de Estranxeiría