Ana Pontón visitou a parroquia de Leiro, afectada polos incendios de Rianxo e Dodro


Ana Pontón, Adolfo Muíños e Néstor Rego acudiron esta mesma mañá a parroquia de Leiro, onde visitaron unha das zonas afectadas polos incendios que tiveron lugar o pasado luns, onde máis de 1000 hectáreas foron queimadas. Por unha banda, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, sinalou que despois do perigo que viviron os veciños e veciñas da localidade, agora é o momento de coñecer toda a verdade sobre o sucedido. Adolfo Muíños agarda que estes efectos polo lume non acaben sendo, cos pasos dos días, nun problema para a ría da Arousa