Inícianse en Noia os traballos previos da reforma da travesía da AC-311 en San Bernardo e as obras do reforzo da seguridade viaria en Boa


A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo para abordar a reordenación do tráfico no municipio, co obxectivo de minimizar as molestias da execución das obras de reforma integral da travesía desta vila e as iniciadas hoxe na parroquia de Boa, que dispoñen dun orzamento total de 310.000 euros. Unha reunión na que tamén participaron as concelleiras de Protección Civil, Ángela Neri Arufe, e Comercio, Mariola López Cierto.