Alumnos da Pobra participan en actividades de concienciación sobre a importancia da auga


Acompañados pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, alumnos e alumnas do IES da Pobra do Caramiñal visitaron esta mañá a estación depuradora de augas residuais da Pobra para tomar conciencia da importancia da auga no marco das actividades organizadas con motivo do Día Mundial da Auga.