A Xunta reafírmase no seu compromiso na loita contra a violencia de xénero cun novo convenio en materia de deportes


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, asinaron esta mañá un novo convenio de colaboración na loita contra a violencia de xénero, esta vez en materia de deportes. Esta colaboración dá continuidade ás liñas de axudas xa ratificadas con Vivenda, Educación e con Cultura e Turismo.
A Xunta de Galicia aposta de novo pola igualdade no deporte. O Goberno conta xa con varias liñas de actuación nesta area como charlas en centros educativos coa Fundación Vero Boquete, ou a colaboración coa Federación de Fútbol para impulsar a igualdade no fútbol profesional e afeccionado. Ademais recentemente chegouse a unha serie de acordos coas federacións de balonmán ou baloncesto. En este sentido, o vicepresidente da Xunta indicou que trátase dunha loita na que todos deben estar implicados.

more recommended stories