A Federación Galega de Confrarías demanda ao ISM un aumento das melloras sociais para o colectivo de mariñeiros e mariscadoras


A Federación Galega de Confrarías transmite o seu malestar ao Instituto Social da Marina ante o aumento das tarifas para a cotización por accidentes e enfermidades profesionais no Réxime Especial da Seguridade Social do Mar. Patróns maiores das confrarías galegas mantiveron unha reunión para analizar esta situación, quedando de manifesto a disconformidade do sector. Dende a Federación afirman que poderían asumir a suba de 50 euros mensuais sempre que sexa acorde a un incremento nas melloras sociais do colectivo., cun aumento de coeficientes reductores para a xubilación e o recoñecemento de enfermidades profesionais.

more recommended stories