Alumnado do IES Virxe do Mar de Noia colabora coa Universidade de Vigo nunha invstigación sobre a Zostera


Os xóvenes investigadores do Ies Virxe do Mar, que xa leva tres cursos estudando a evolución da distribución, abundancia e recrutamento de bivalvos no marco do proxecto Climántica, e a Universidade de Vigo cos seus científicos máis destacados neste ámbito colaboran nun proxecto para estudar as relacións dos bivalvos coa planta Zostera, unha especie que está diminuíndo a nivel global e que ten unha moi elevada capacidade para reter materia orgánica que inflúe na suspensión na auga, actuando tanto como concentradora e por tanto facilitadora da alimentación destes organismos. O alumnado vólcase totalmente con esta investigación.