O Plan de financiamento da Xunta apoiará este ano 800 proxectos de emprendedores e Pemes que investirán 290m€ en Galicia


Segundo explicou Alberto Núñez Feijoo por primeira vez inclúense préstamos específicos para o sector turístico e para proxectos estratéxicos que garantan un investimento mínimo de 1,5 millóns de euros . O apoio financeiro da Administración galega ao tecido empresarial da Comunidade leva permitido desde 2014 a mobilización de 1180 millóns de euros e o impulso de máis de 10.500 proxectos, unha media de 6,6 ao día . Do total do financiamento achegado neste período, nove de cada dez euros corresponden a iniciativas de autónomos e pequenas e medianas empresas A Xunta activou o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019, co que se facilitará financiamento a 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes grazas a un orzamento de 100 millóns de euros.

more recommended stories