Continúan en Esteiro os traballos de mellora das infraestruturas hidráulicas


Continúan en Esteiro os traballos de mellora das infraestruturas hidráulicas. O obxectivo con estas obras é a de separar as augas fecais e pluviais ademais de construír novas superficies para as beirarrúas e que sirva así para mellorar o tránsito peonil na zona. Agardase que estas obras rematen nas vindeiras semanas, concretamente antes de Semana Santa.